top of page

sáb, 24 feb

|

Centro Comunitario de Caión

As Romarias do Mar

Tradición e futuro. Romarías, Música, Danza...

Xa no é posible rexistrarse!
Ver outros eventos
As Romarias do Mar
As Romarias do Mar

Horario y ubicación

24 feb 2024, 11:00 – 13:00

Centro Comunitario de Caión, Caión, 15145 Laracha, La Coruña, España

Invitados

Acerca del evento

NOVEMARES

A CULTURA DO MAR NA COSTA DA MORTE

A Costa da Morte leva implícito, mesmo no seu propio nome, o mar. É por iso que resulta de vital importancia coñecer o seu patrimonio marítimo, unha cultura mariñeira que non só é pesca, ou non só debería selo, senón literatura, arte, artesanía, deporte, lingua ou gastronomía. Mesmo romarías. O mar da Costa da Morte é tamén territorio, orgullo de pertenza a un lugar, identidade que seguir pasando de xeración e xeración. Unha remuda para o futuro. A cultura marítima é para esta comarca, nese sentido, un poderoso recurso xerador de riqueza e diversificación.

Pulsar todas estas cuestións son os obxectivos clave do proxecto Novemares: a cultura do mar na Costa da Morte. Impulsado pola Fundación Eduardo Pondal e financiado polo GALP Costa da Morte no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), desenvolverase en nove concellos, outros tantos mares: A Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Vimianzo, Camariñas e Muxía. Na procura dunha economía azul sostible, Novemares busca poñer en valor a cultura do mar perseguindo un desenvolvemento que revirta no conxunto do territorio.

Un mar vivo, dinámico, xerador de contidos, un almeiro de posibilidades. Sector pesqueiro, organismos, institucións, entidades socioculturais e persoas a título individual están chamadas a participar neste proxecto, que ten na participación activa, no traballo colectivo e na construción de redes fortes, os piares para un mellor aproveitamento de todo este potencial. Velaí, para iso, a organización de sete Espazos Xeradores de Cultura (EXC) concibidos a xeito de foros de debate, reflexión, análise de boas prácticas e, en definitiva, promoción desta cultura marítimo pesqueira. Na Costa da Morte, un mar de vida.

Compartir este evento

bottom of page