ECONOMÍA
AZUL SOSTIBLE
O proxecto Novemares, “A cultura do mar na Costa da Morte” busca poñer en valor a cultura do mar para que sexa un recurso dedesenvolvemento sostible e xerador de riqueza para o conxunto do territorio.
Presentamos, neste documento, as principais conclusións dos Espazos Xeradores de Cultura (EXC) realizados e que queremos contrastar e ampliar o seu contido. Os EXC promoven unha participación activa como metodoloxía de traballo para posta en valor da cultura marítima, mellorando a información e potenciando a comunicación e conexión dos axentes sociais nun marco común, ao tempo que contribúe a un entorno favorecedor para a innovación e xeración de iniciativas.
EXC de Novemares
01_Romarías do Mar. Tradición e futuro.
02_Espazo Lecer: Deportes do Mar.
03_Espazo Terra: Camiños do Mar.
04_Espazo Mariño: Carpintarías do Mar.
05_Espazo Sabor: Despensa do Mar.
06_Espazo Arte: Artes do Mar.
07_Espazo Lingua: Letras do Mar.
08_Caderno Romarías da Costa
DESCARGA CONCLUSIÓNS EN PDF
01_ROMARÍAS DO MAR
TRADICION E FUTURO.
As Romarías do Mar son un recurso a ter en conta para a dinamización e desenvolvemento sostible do territorio, son signo de identidade da Costa da Morte, e da súa vinculación co mundo do mar. Para conseguir un impulso das Romarías como elemento cultural debemos por traballar en rede, conseguir facer unha programación conxunta das Romarías ondeestean implicados dende as Comisións de Festas, os Concellos e o sector turístico. A partir desta coordinación, pódese establecer unha programación que sexa unha referencia enfestas sostibles, unha estrutura de relato común (recollendo as características propias e cada unha) para o coñecemento dos rituais, elementos patrimoniais,... poñendo en valor a música tradicional, a artesanía, xogos e deportes tradicionais relacionados e, por suposto, a gastronomía local de mar e terra, a través de grandes merendas.
As Romarías do Mar, Caión.
DESCARGA CONCLUSIÓNS EN PDF
02_DEPORTES DO MAR.
ESPAZO LECER.
Para a organización e desenvolvemento de probas deportivas é imprescindible a participación de institucións, entidades, clubs e asociacións deportivas; segue sendo imprescindible e de maneira coordinada. Para que a actividade deportiva sexa unha referencia e acade certo éxito na Costa da Morte é necesario ter unha programación de eventos e probas no calendario competitivo, e que coincida ou complemente á programación dos colexios ou campamentos deportivos. Para reforzar esta referencia, as prácticas deben estar relacionadas coa propia idiosincrasia do territorio costeiro e, na medida do posible, completar con algunha actividade lúdica e singular (concurso/concentración de cometas) ou mesmo xogos tradicionais. Prácticas deportivas de mar e vento.
Os Deportes do Mar, en Razo.
DESCARGA CONCLUSIÓNS EN PDF
03_CAMIÑOS DO MAR.
ESPAZO TERRA.
E todos os Camiños nos levan a vilas, enclaves mariñeiros e marisqueiros da Costa da Morte, coas súas artes e oficios. E todos os Camiños amosan todo seu patrimonio marítimo - pesqueiro: secadoiros, cetarias, muíños (Ardeleiro, de maré), carpintarías de ribeira, ... E todos os Camiños teñen un relato propio coa toponimia, talasonimia e historia que crea identidade e cultura do mar propia. E moitos dos novos contidos culturais relacionados co mar están na recuperación do patrimonio inmaterial que está presente no traballo e na memoria da xente do mar, dos Nove Mares da Costa da Morte. E todos os Camiños deben ter a súa Guía e a súa promoción conxunta e coordinada cos sectores sociais (asociacionismo cultural e veciñal) e económicos (hostalaría, turismo).
Os Camiños do Mar, no interior do Faro de Nariga.
DESCARGA CONCLUSIÓNS EN PDF
04_CARPINTERÍAS DO MAR.
ESPAZO MARIÑO.
Promover ou reforzar a diversificación da actividade marítimo-pesqueira. Así como ás mariscadoras ensinando e contando o seu traballo: dende a sementeira á recolección, incluso preparación e degustación do produto. As redeiras, atadoras ensinando o seu traballo pero tamén co aproveitamento das redes para elaboración de produtos de artesáns: bolsos, complementos, etc. E os oficios como a construción e mantemento de embarcacións, Carpinterías de Ribeira. O primeiro paso é saber o que hai. Muíño de marés, cetaria, salgadoiros, secadoiro, nomes de lugares significativos (talasonimia), etc. deben estar identificados, sinalizados e protexidos. E, nalgúns casos, deseñar un novo uso respectuoso co medio (exemplo de Tapia de Casariego coa recuperación dunha cetaria abandonada transformándoa nunha piscina natural).
Carpinterías do Mar, no interior do Estaleiro O Baladiño.
DESCARGA CONCLUSIÓNS EN PDF
05_DESPENSA DO MAR.
ESPAZO SABOR.
Promover ou reforzar a diversificación da actividade marítimo-pesqueira. Así como ás mariscadoras ensinando e contando o seu traballo: dende a sementeira á recolección, incluso preparación e degustación do produto. As redeiras, atadoras ensinando o seu traballo pero tamén co aproveitamento das redes para elaboración de produtos de artesáns: bolsos, complementos, etc. E os oficios como a construción e mantemento de embarcacións, Carpinterías de Ribeira. O primeiro paso é saber o que hai. Muíño de marés, cetaria, salgadoiros, secadoiro, nomes de lugares significativos (talasonimia), etc. deben estar identificados, sinalizados e protexidos. E, nalgúns casos, deseñar un novo uso respectuoso co medio (exemplo de Tapia de Casariego coa recuperación dunha cetaria abandonada transformándoa nunha piscina natural).
Despensa do Mar, no interior da Lonxa de Laxe.
DESCARGA CONCLUSIÓNS EN PDF
06_ARTES DO MAR.
ESPAZO ARTE.
As artes son un elemento axitador e facilitador de cambios sociais, pero tamén de factor económico de desenvolvemento local e como motor clave para o turismo.
As artes son unha ferramenta inmediata para contar as historias, experiencias e o sentir da cultura do mar da Costa da Morte. Todos debemos seguir explorando e afondando nesas historias que dan a coñecer e transmiten a identidade do noso territorio, e son factor de desenvolvemento e dinamización social. É fundamental ser capaces de chegar todos os colectivos e a todas as idades e conseguir emocións e reaccións, e mobilizadora de desexos, de bos desexos para a Costa da Morte.
Artes do Mar, no interior do Man de Camelle.
DESCARGA CONCLUSIÓNS EN PDF
07_LETRAS DO MAR.
LETRAS ARTE.
Na Costa da Morte hai grandes referencias significativas para a lingua galega e a cultura, comezando polo autor do himno Eduardo Pondal ou mesmo o propio autor muxián como é Gonzalo López Abente. Pero tamén moitos outros autores que teñen a Costa da Morte e o Mar como temática nas súas obras de carácter mariñeiro que levan nas súas veas a súa influenza. Autores e autoras de referencia como as que nos acompañaron neste EXC de Lingua e Literatura na Costa da Morte como son Concha Blanco, Diana Varela ou Xosé Manuel Varela (Edicións Embora). Neste apartado, é fundamental a labor da Fundación Eduardo Pondal que fai un gran traballo na promoción da cultura, a lingua e a literatura na Costa da Morte.