top of page

As Romerías do Mar

O territorio de Nove Mares posúe como fío de unión na actualidade un legado de romarías moi vivas hoxe en día así como outras que foron esmorecendo co tempo mais tiveron importancia secular. Desde A Laracha a Muxía as páxinas do calendario ofrécenos citas para acudirmos ao territorio ao cumprimento de ritos como o de abalar a pedra, dar nove voltas a un carballo ou curar afeccións cutáneas con augas de fontes milagreiras. Asegunda xornada das Romarías do Mar converteuse nun foro interxeracional na que se debateron tanto aspectos de perda da identidade destas romarías como se apuntaron novas necesidades e futuros camiños a emprender. Con este Espazo queremos saber como se está facendo?; como se pode mellorar?; e que novos contidos debemos xerar?

AdobeStock_233886211_edited.jpg

EXC_01

Densenvolvemento do Espazo

Caión, ALaracha, 23 de febreiro de 2024

Patricia Blanco, La Voz de Galicia.
Presentación e dinamización do acto.

Xosé María Varela, FEP,.
Presentación de Nove Mares.

Mavi Lezcano, investigadora e docente da UDC.
Presentación da experiencia eu fundevivo.

Manuel Vilar, director do MPG.
Presentación das tradicións das coas romarías e festas populares.

Asistencia: 50 persoas aprox.

O Couto, Ponteceso, 2 de marzo de 2024

Xosé MaríaVarela, FEP.
Presentación de nove mares e do desenvolvemento doEXC

Xosé Manuel Varela Varela, coordinación doEXC

Luís García García, dinamización doEXC.

Asistencia: 30 persoas aprox.

As Romarías
do Mar

Manuel Vilar e Mavi Lezcano

CF24C3F3_19542.jpg.webp

Xosé María Varela, Mavi Lezcano, Manuel Vilar, Patricia Blanco.

CF24C3F3_19359.jpg.webp

Público na primeira jornada, Auditorio de Caión

Como?

Principais conclusións

Mudar de
accións

Novos
modelos

Identidade
do territorio

O relato

Trasmisión
 

Esparzo
inclusivo

Promoción

Posta
en valor

As Romarías e Festas tradicionais teñen distintas acepcións e desenvólvense de maneira diferente en función dos tempos e do seu propio contexto social, pero:

 

  • Teñen a súa orixe nun concepto romántico romanticismo alemán.

  • Son un elemento de identidade local.

  • As romarías son en lugares illados, hai que peregrinar, hai que ter fe, crenzas fortes para ir.

  • Saio do meu espazo / vida desprázome / viaxo volvo novo, un momento de parar a vida (laboral) e volver con maior gañas.

  • Son un elemento de superación (unha nova persoa):

  • Curación/superación do “mal”, búscase a “normalidade” do corpo.

  • Vinculadas ás lendas, mitos como elemento de explicación dunha realidade e dunha singularidade que se adaptan aos contextos (mar) e a súa xente.

  • Cada santuario físico está asociado a unha temática propia (curación, protección, rexurdimento, etc), se ben ningún santuario está vencellado directamente co mar, aínda que miren ao mar. Sería interesante repensar o sistema de crenzas, actualizándoo, e promovendo que os santuarios non só miren ao mar, senón tamén ao mundo mariñero.

  • As Romarías/Festas cambian ao mesmo que os tempos, miran cara atrás pero deben adaptarse ao presente, ao novo sistema de crenzas e valores: eran para comer, xuntarse, pero sobre todo para socializar, facer comunidade, alimentarse espiritualmente. Os santuarios sempre foron cambiados por interferencias de alguén, así que as Romarías e Festas poden cambiar e adaptar sen problema. O mar leva cousas dun lado para outro e elementos culturais tamén como por exemplo a Danza de Arcos, e que se adapta, a súa vez, aos novos valores como é a participación das mulleres, evolución.

  • Como debe ser ese novo sistema de crenzas e valores, que propostas atractivas hai que promover. A mocidade ten moito que dicir e hoxe temos valores relacionados co coidado do medio, festas gastronómicas (congro, ...), música tradicional (foliadas, canto de taberna, cantos do mar, ...), contos do mar.

  • E como deberían ser esas propostas para ter un maior atractivo? Deben ser e un elemento dinamizador do territorio e elemento de diversificación da actividade económica, máis relacionadas co tecido socioeconómico? Deben ser máis dun día concreto? E se son máis dun día como o facemos?

  • Ten que contarse coa xente para crear un produto sostible e atractivo. Non pode haber descoordinacións que acaban prexudicando máis que favorecendo. A participación da comunidade é fundamental, proxecto comunitario. Conxugar intereses sociais, técnicos e políticos para crear un produto sentido e, polo tanto, con maior impacto e implicación da poboación. Maior éxito social, económico no territorio.

Que se está desenvolvendo?

Que iniciativas, actividades ou programación?

As principais iniciativas culturais existentes relacionadas

coas festas e romarías na Costa da Morte son:

Milagres de Caión, A Laracha

O Carme de Caión, Romaría de Santo Hadrián , Festa do Mar: Malpica

 

Virxe do Carme, O Carme de Corme, Vire do Faro, Brantuas: Ponteceso

 

Romaría da Estrela, Corme, Romaría de Sans Fins de Castro: Cabana

 

Naufraxio-Virxe do Carme, Santa Rosa: Laxe

 

Danza de Arcos Camariñas, O Carme: Camariñas

 

Danza de Espadas de Quintáns, Santa Mariña, Santuario de Trasufre
Nosa, Señora do Espiño 
Santuario Virxe da Barca: Muxía

 

A Faguía dos Carnés: Vimianzo

Entre os cambios que se poden promover para adaptarse aos tempos, relacionándoos máis co mundo do mar e cun maior impacto no desenvolvemento azul sostible, están:

 

Programar conxuntamente contando cos axentes do territorio.

 

Vivimos nun “mundo que vai máis cara o individualismo a través das redes sociais” por iso, que “nos debemos mancomunar, realizar actividades creativas en común”. Fronte á perda de poboación nas parroquias, as “asociacións teñen que nutrirse de asistentes de fóra do seu ámbito local; percíbese, polo tanto, unha liña de traballo comarcal”. Nesta liña, destaca a importancia de que “a sociedade se articule en torno a temas; a xestión de festas e romarías pode ser un deles”.

 

Reforzar as Romarías/Festas ligándoo a través dunha maior participación comunitaria que favoreza á implicación/colaboración dos axentes sociais (veciñanza, igrexa, asociacións, comisións de festas, confrarías) e institucionais (concellos, deputación) tanto na organización como no desenvolvemento dos eventos. Mesmo ter en conta as persoas visitantes que sexan parte activa e non meros espectadores.

 

Cobra importancia a constitución dun Espazo de diálogo e participación para reforzar á acción conxunta do asociacionismo cultural (institucionais e entidades, incluíndo ao sector pesqueiro) e garantir unha programación cultural de maneira coordinada das Romarías/Festas.

 

Novos modelos de desenvolvemento das romarías/festas

 

Para captar outro público nas romarías habería que realizar cambios nas actuais programacións. Temos que apostar por vivir as romarías de día e non só de noite; para iso, as organizacións deberían programar actividades, concertos de día ao estilo europeo. Con isto lograríase ademais, reducir impactos medioambientais e desfases horarios.

 

Nesta liña, as romarías do futuro deberán ter carácter inclusivo.

 

Para isto, é necesario pensar na necesidade de formarse en boas prácticas, boa xestión, en organización e desenvolvemento de eventos onde prime o respecto e coidado do medio, da nosa costa e medio mariño, unha “guía de boas prácticas para unhas romarías/festas sostibles” como ten, por exemplo, o Concello de Vimianzo.

 

A identidade do territorio como elemento dinamizador

 

A cultura marítima como elemento dinamizador pasa por crear unha forte identidade local, temos que tender a crear elementos que reforcen a identidade da Costa da Morte e todo o relacionado coas Festas/Romarías/Santuarios é unha oportunidade.

 

É fundamental descubrir e transmitir as singularidades do territorio a través das Romarías.

 

Os obradoiros de música e danza tradicional constitúense en aspectos identitarios das Romarías que se deben poñer máis de relevo. Polo tanto, é necesario recuperar os sinais de identidade de cada romaría/festa como poden ser unha danza ou elementos gastronómicos (roscas do Couto,...).

 

Ao se rescatar a identidade cómpre poñer en valor o espazo que acolle cada romaría. Isto implicaría a recuperación patrimonial de arquitectura relixiosa ou civil da contorna. A súa vez, cumpriría recuperar os vellos camiños de peregrinación daqueles romeiros que acudían á festa a pé ou mesmo de xeonllos.

 

Parello a esa recuperación sería imprescindible a divulgación a través de paneis no territorio, códigos QR, sinalización das vellas e novas rutas así como a imprescindible presenza en Internet.

Unha estratexia pode ser traballar cos máis novos, colexios, agrupacións musicais, etc.

O relato como medio para coñecer e transmisión

 

É necesario elaborar un relato en torno ás romarias/festas para ser sabido e compartido, reforzando a identidade e sendo dos elementos centrais na identidade da Costa da Morte, así como un activo no desenvolvevemento azul sostible.

 

Neste relato debe contar o patrimonio material dos espazos das romarías e conxunción co patrimoni inmaterial “identitario”: ritos, lendas, tradicións.

Temos que reforzar o coñecemento, a través do relato, dos santuarios. Desta maneira reforzamos e impulsámolos máis como elementos atraentes: lugares a coñecer e de importancia que chaman á xente a visitar e descubrir o patrimonio inmaterial vencellado a eses espazos. Por exemplo, as lendas, fitos ou historias que explican o sentido do Santuario, Romaría ou Festa, o territorio.

Non podemos descoidar a identidade das romarías nas escolas, nas asociacións e na formación social.

 

Polo tanto, debemos desenvolver accións que garantan esta transmisión entre os máis novos. A transmisión interxeracional das singularidades de cada romaría/festa da Costa da Morte debe estar presente nas escolas, no tecido asociativo local ou mesmo na formación de axentes de dinamización

turística.

Nas xornadas de formación de voluntariado ou nas de axentes de tempo libre, entre outras, debería formarse a divulgadores das romarías/festas para que puidesen realizar visitas guiadas a estas citas e ós seus espazos tanto no propio día da celebración como ao longo do ano. Suporía unha garantía para unha maior dinamización e desenvolvemento azul sostible da Costa da Morte. Tórnase necesario a constitución dun “equipo de guías das romarías do mar” que crea un relato propio das romarías conectado coa cultura marítima e o sector pesqueiro.

As Romarías como espazo interxeracional e inclusivo

 

Promover transporte colectivo, pensando, sobre todo, para dous perfiles, xente maior pero tamén a mocidade para desprazarse aos posibles actos festivos que podan desenvolverse nestes festas e romarías (con propostas atractivas para a mocidade).

Debemos articular un espazo festivo ou establecer as condicións que unan a toda a comunidade, espazo interxeracional das romeiras/festas. Unha aposta sería recuperar/ter un transporte colectivo para as romarías/festas. Ao día de hoxe debería abordarse dende a Xunta de Galicia a través do plan de Mobilidade da Xunta de Galicia. A promoción das Romarías/Festas.

As entidades organizativas contan con canles propias de divulgación. Estas baséanse cada vez máis nas redes sociais tanto do colectivo organizador como do concello da romaría. Non obstante, Turismo de Galicia ten unha alta capacidade de difusión xa que pode desenvolver campañas de promoción das romarías da Costa da Morte a través dunha web específica, campañas de turismo ou a súa divulgación en feiras de turismo.

 

Parello a isto conviña o recoñecemento singular de cada romaría viva co título Festa de Interese Turístico. Isto facilitaría a promoción exterior, asistencias a feiras, xornadas, etc. Pero antes, hai que crear un produto atractivo e ben definido.

Os novos contidos culturais nas Romarías do Mar poden supoñer unha maior diversificación da actividade económica da Costa da Morte, e unha aposta polo desenvolvemento azul sostible:

1. Artesanía. Incorporar ao sector artesán con usos renovados (souvenir, agasallo, ofrenda,...) ou en determinados rituais por exemplo utilizar panos de tela de encaixe, liño ou redes. Nesa construción do relato cobra especial importancia os rituais, coñecelos, transmitilos e incidir no apoio de recursos propios como pode ser a artesanía da Costa da Morte (encaixe, olaría, mariscadoras, redeiras, ....) para crear estes elementos.

2. Gastronomía. Hai que pararse na elaboración de produtos e pratos tradicionais, en especial os relacionados co produto pesqueiro. Asociar cada romaría a unha xornada gastronómica, cada romaría debería ter a súa identidade gastronómica. Especializar cada romaría, santuario ou festa con algún prato, elaboración, ..... En Santo Hadrián de Malpica de Bergantiños é típica a sardiñada; na Fagía de Carnés, os callos; no San Fins do Castro, merendas con bandexas de marisco. Unha vez creada esta identidade gastronómica das romarías poderíase sacar un selo gastronómico arredor das romarías da Costa da Morte, con produtos innovadores con orixe do mar e das rías. As accións gastronómicas deberían estenderse máis aló do espazo da romaría e chegar á hostalaría do concello/comarca. Un exemplo a ter en conta é un prato tradicional de Seaia (Malpica) durante toda a semana do Santo Hadrián. Outro dos exemplos a seguir, e seguindo a participación da comunidade, é o que se fai en Camiña (Portugal) no que se promove nun día (pode ser o da romaría/festa) un concurso do mellor prato cociñado polas casas (no que se pode incorporar o produto pesqueiro).

3. Outras Romarías/Santuarios do Mar. Impulsar novos camiños, atractivos vinculándoos a diferentes actividades: educativas, ambientais, científicas, paisaxísticas, ... Por exemplo pódese crear un camiño de peregrinación ás romarías da Costa da Morte con credencial de seu. Esta credencial pode ser un “Pasaporte das Romarías da Costa da Morte” ou mesmo un colar ou pulseira elaborados por artesáns da comarca. Cada romaría tería unha conta dese colar ou pulseira ata que o romeiro completase a peregrinación. Para regular esta acreditación, habería que deseñar un trazado e identificar as romarías/santuarios co seu relato (que anime a facelo). Crear unha Ruta/Camiño (serve como exemplo O Camiño dos Faros) das Romarías e/ou Santuarios da Costa da Morte. Por exemplo, un percorrido polas Santas Mariñas. Marcar unha ruta de maneira coordinada entre os concellos, veciñanza e entidades sociais, culturais e económicas. Participación das Confrarías xa que pode rematar o percorrido na lonxa, ou espazo para a degustación do produto pesqueiro.

4. Saúde. Completar as festas/romarías con terapias (alternativas) ou xornadas enfocadas á saúde. As utilidades saudables que ten o mar. Auga de mar. Un exemplo, de entre moitos, podería ser unha botella de cristal personalizada na que levar para a casa auga da fonte milagreira. Botella de Auga de Mar Bendita (Santo Hadrián).

 

5. Músicas do Mar. Cantos, músicas, bailes, foliadas ....con contidos relacionados co territorio, a súa identidade e, sobre todo, con contidos musicais-culturais que teñan como referencia o mar, o mundo mariñeiro. Incorporar esta actividade nas Romarías.

Romerías do Mar

Romerías do Mar

Mirar ahora
bottom of page