FILOSOFÍA
A Costa da Morte leva implícito, mesmo no seu propio nome, o mar. É por iso que resulta de vital importancia coñecer o seu patrimonio marítimo, unha cultura mariñeira que non só é pesca, ou non só debería selo, senón literatura, arte, artesanía, deporte, lingua ou gastronomía. Mesmo romarías. O mar da Costa da Morte é tamén territorio, orgullo de pertenza a un lugar, identidade que seguir pasando de xeración e xeración. Unha remuda para o futuro. A cultura marítima é para esta comarca, nese sentido, un poderoso recurso xerador de riqueza e diversificación.
“Un mar vivo, dinámico, xerador
de contidos, un almeiro de posibilidades”.
ECONOMÍA AZUL SOSTIBLE
ESPAZOS
Consolidar a cultura marítima como un dos principais recursos xeradores de riqueza no territorio, converténdoa nun valor engadido para ás actividades económicas relacionadas co mar e co propio sector pesqueiro, axudando a crear un produto turístico de calidade.
MARES
A cultura do mar na Costa da Morte. Impulsado pola Fundación Eduardo Pondal e financiado polo GALP Costa da Morte no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), desenvolverase en nove concellos, outros tantos mares: A Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Vimianzo, Camariñas e Muxía.